
Aíto García Reneses converteuse en novo seleccionador español de baloncesto logo de dar o si definitivo a José Luís Sáez . O ex técnico do DKV Joventut puxo unha serie de esixencias que foron aceptadas pola Federación e terá un contrato por tres tempadas, pero que poderá romper o técnico logo de cada gran competición (Xogos, Mundial ou Eurobasket). O adestrador cobrará 500.000 euros netos por cada tempada e chegará acompañado de dous técnicos designados por el mesmo. Espérase que nos próximos días José Luís Sáez e Aíto García Reneses ofrezan unha rolda de prensa para a presentación do novo seleccionador nacional. Nove ligas ACB e cinco Copas do Rei contémplanlle Aíto Gª Reneses (Madrid, decembro 1946) é o adestrador español máis laureado nas dúas últimas décadas, pois no seu currículo constan nove ligas ACB e cinco Copas do Rei. Todos eses títulos obtívoos nas súas etapas no Barcelona (a maioría) e no Joventut (os máis recentes). O gran lunar da súa traxectoria é non gañar nunca a Copa de Europa (agora Euroliga), competición na que foi tres veces subcampión. A etapa que Aíto comeza non será a primeira na FEB, pois entre 1976 e 1980 foi seleccionador nacional xuvenil. Doutra banda, hai que destacar que o novo seleccionador español será presentado o vindeiro martes, en Madrid, nun acto onde ademais dará a coñecer a lista de xogadores convocados para preparar a participación nos Xogos Olímpicos de Pequín'08.
Tradución de documentos
Tradución de documentos

No hay comentarios:
Publicar un comentario